Venres, 5 Maio 2017

Liña de Desenvolvemento de Novos Materiais

CabeceraLinea3
A liña de desenvolvemento de novos materiais permite obter materiais compostos, análise mecánica de materiais e a medida de permeación de osíxeno e vapor de auga a través de envases e láminas plásticas. Fórmana os seguintes equipos:

EXTRUSORA DE TERMOPLÁSTICOS

Modelo: Eurolab 16.
Fabricante: Thermo Fisher.

Permite o procesado de distintos tipos de polímeros. A extrusora consta de dous alimentadoras (volumétrica e gravimétrica), un sistema de secado neumático e unha peletizadora.
  • ▸ Extrusora de dobre tornillo.
  • ▸ Velocidade máxima de xiro: 1.000 rpm.
  • ▸ Temperatura máxima de traballo: 400ºC.
  • ▸ Presión máxima: 100 bar.
Linea3Extrusora

MÁQUINA DE ENSAIOS UNIVERSAIS

Modelo: Autograph AGX 50.
Fabricante: Shimadzu.

Permite a caracterización mecánica de materiais a forzas de flexión e tracción.
  • ▸ Disponse de células de carga de 50 kN e 500 N.
  • ▸ Disponse de accesorios para realizar ensaios de tracción e flexión.
Linea3EnsayosUniversales

PERMEABILÍMETROS

Modelo: M7001 e M8001.
Fabricante: Systech Illinois.

Deseñados para realizar ensaios de permeabilidade de vapor de auga ou osíxeno en películas e láminas, así como envases plásticos.
  • ▸ Intervalo de temperatura: de 5 a 50ºC.
  • ▸ Espesores de mostra de ata 1,27 mm.
  • ▸ Área da mostra: 50 cm2 (5 cm2 se se usa máscara).
  • ▸ Ensaios de humidade: dende 20 a 90 % de humidade relativa.
Linea3Permeabilimetros

PERMEABILÍMETRO PERMMATE

Modelo: Chekmate 3 + Permmate.
Fabricante: Systech Illinois.

O analizador permite a realización de probas de permeación de osíxeno dunha ampla gama de envases acabados e botellas. Tamén pode empregarse para a análise de espazo de cabeza ou para a detección de fugas en envases.
  • ▸ Gas de medida: nitróxeno.
  • ▸ Permite a medida en envases dende 50 mL a 50 L.
Linea3PermeabilimetroPermmate