Venres, 5 Maio 2017

Liña de Transformación Química e Biolóxica

CabeceraLinea1
A liña de transformación química e biolóxica inclúe distintos equipos de fermentación así como un reactor a presión. Disponse tanto de equipos a escala de laboratorio, como equipos cun volume adecuado para a realización de probas de escalado. Fórmana os seguintes equipos:

FERMENTADOR BIOSTAT D

Modelo: Biostat D.
Fabricante: Sartorius.

Fermentador a escala piloto cun volume total de 50 L esterilizable in situ. O fermentador está equipado con medidores dixitais e sistemas de control, incluíndo temperatura, pH e osíxeno disolto.
  • ▸ 50 L de volume útil.
  • ▸ Axitación mecánica: 50-700 rpm.
  • ▸ Entradas de aire, vapor e auga.
  • ▸ Electrodos de T, pH, pO2 y escuma.
  • ▸ Posibilidade de esterilización in situ.
  • ▸ Sistema de control dixital (DCU) das variables do proceso.
Linea1FermentadorPpal

FERMENTADOR BIOSTAT Q

Modelo: Biostat Q.
Fabricante: Sartorius.

O equipo Biostat Q permite levar a cabo ata catro fermentacións simultáneas de maneira independente. O equipo inclúe as bombas de ácido e base, medidor de fluxo de gas e o sistema de control das variables de operación.
  • ▸ Posibilidade de traballar con 4 cubas simultáneamente e de maneira independente.
  • ▸ Cubas de 500 mL cada unha.
  • ▸ Entrada de aire e auga de refrixeración.
  • ▸ Sondas de pO2, pH y T.
  • ▸ Sistema de control dixital (DCU) das variables do proceso.
Linea1FermentadorCubasPpal

FERMENTADOR BIOSTAT B

Modelo: Biostat B.
Fabricante: Sartorius.

O módulo Biostat D está equipado cun fermentador airlift de 2 L de volume. O equipo inclúe as bombas de ácido e base, medidor de fluxo de gas e o sistema de control das variables de operación.
  • ▸ Equipado cun reactor airlift de 2 L.
  • ▸ Posibilidade de traballar con axitación mecánica.
  • ▸ Entradas de aire e osíxeno.
  • ▸ Sondas de pO2, pH y T.
  • ▸ Sistema de control dixital (DCU) das variables do proceso.
Linea1FermentadorAirliftPpal

REACTOR A PRESIÓN

Modelo: 4555.
Fabricante: Parr.

Reactor a presión con axitación cun volume de 5 galóns (18,75 L). O equipo posúe un sistema de elevación da cabeza do reactor minimizando o esforzo físico durante o seu manexo.
  • ▸ Volume de 5 galóns (18,75 L).
  • ▸ Temperatura máxima: 350ºC.
  • ▸ Presión máxima: 131 bar.
Linea1ReactorPpal