Luns, 15 Maio 2017

Sistemas Informáticos de Nova Xeración

CabeceraSING
Responsable: Dr. Florentino Fernández Riverola.
Email: riverola@uvigo.es.
Teléfono: 988 387 015, 647 347 317.
Páxina web: https://sing.ei.uvigo.es/.

O grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración leva a cabo nas súas instalacións do CITI as seguintes actividades:
  • ▸ Desenvolvemento de ferramentas informáticas no eido da bioinformática.
  • ▸ Deseño e implantación de ferramentas intelixentes empregando sistemas de razoamento baseado en casos.
  • ▸ Utilización de ferramentas de minería de datos, redes bayesianas e neuronais, lóxica difusa e conxuntos aproximados para o desenvolvemento de sistemas expertos.
  • ▸ Auditoría e implantación de sistemas informáticos seguros en redes de comunicacións (XoIP, VoIP, spam, ataques informáticos, etc.).
  • ▸ Análise, deseño e implantación de sistemas multiaxente.
  • ▸ Deseño e impartición de cursos de formación especializada.