Venres, 5 Maio 2017

Termofísica

CabeceraTermofísica
Responsable: Dr. Luis Fernando Romaní Martínez.
Email: romani@uvigo.es.
Teléfono: 988 387 211.

O grupo de Termofísica leva a cabo nas súas instalacións do CITI as seguintes actividades:
  • ▸ Estudo de correntes persistentes en superconductores de alta temperatura crítica. Aplicación ao almacenamento de enerxía e imáns superconductores.
  • ▸ Determinación de propiedades físicas de biopolímeros de interese industrial (proteínas, polisacáridos e as súas mesturas) mediante reometría dinámica e texturometría clásica.
  • ▸ Medida de propiedades termofísicas de fluídos en amplos intervalos de presión e temperatura: capacidade calorífica, densidade, viscosidade, índice de refracción, coeficientes de dilatación, compresibilidade e pezotérmico, velocidade do son e calores de mestura e transición.
  • ▸ Caracterización termodinámica e estrutural de fluídos e sólidos mediante simulación por computador. Aplicación a sistemas de interese no ámbito dos novos materiais (fases sólidas de dióxido de carbono), a biotecnoloxía (auga, metanol) e a industria petrolífera (auga, dióxido de carbono, metano).
  • ▸ Determinación experimental de expoñentes e amplitudes críticas. Modelos mecanoestatísticos de criticalidade en fluídos. Segundo punto crítico da auga: teoría e aplicacións biofísicas.