Venres, 5 Maio 2017

Seguridade Alimentaria e Toxicoloxía Ambiental

CabeceraToxicología
Responsable: Dra. María Anunciación Lafuente Giménez.
Email: lafuente@uvigo.es.
Teléfono: 988 387 418.

O grupo de Seguridade Alimentaria e Toxicoloxía Ambiental leva a cabo nas súas instalacións do CITI as seguintes actividades:
  • ▸ Avaliación toxicolóxica en seguridade alimentaria.
  • ▸ Avaliación do risco químico de novos produtos e compostos emerxentes, previa á súa comercialización (normativa REACH): aditivos alimentarios, fármacos, compostos fitosanitarios (praguicidas e fármacos veterinarios), deterxentes, cosméticos, etc.
  • ▸ Avaliación de nutracéuticos e alimentos funcionais, saudables e novos alimentos.
  • ▸ Autenticidade de especies animais e vexetais de uso alimenticio.
  • ▸ Asesoramento e emisión de informes en materias de seguridade alimentaria e química.
  • ▸ Programas de formación continua en materias de seguridade química para empresas agroalimentarias, farmacéuticas, químicas, etc.