Venres, 5 Maio 2017

Valorización de Biomasa

CabeceraValorizaciónBiomasa
Responsable: Dr. Gil Garrote Velasco.
Email: gil@uvigo.es.
Teléfono: 988 387 419, 988 368 892.

O grupo de Valorización de Biomasa leva a cabo nas súas instalacións do CITI as seguintes actividades:
  • ▸ Análise e caracterización de biomasa vexetal e efluentes líquidos de proceso (lexivias, efluentes fermentativos, etc.).
  • ▸ Aproveitamento e valorización de biomasa e residuos forestais e agrícolas.
  • ▸ Produción de biocarburantes de segunda xeración a partir de biomasa.
  • ▸ Estudo de procesos de fraccionamento de biomasa (biorrefinería).
  • ▸ Conversión fermentativa e deslignificación de biomasa.
  • ▸ Estudo tecno-económico de procesos de fraccionamento e aproveitamento de biomasa.
  • ▸ Produción de pasta de celulosa mediante tecnoloxías respectuosas co medioambiente.
  • ▸ Produción de bioetanol a partir de tecnoloxías respectuosas co medioambiente e a partir de materias primas galegas.